Festa do Pulpo
O segundo domingo do mes de agosto do ano 2012, A Festa do Polbo do Carballiño celebrou o seu 50 Aniversario. Máis de 50 anos ininterrompidos de festa e historia (a excepción do 2020, onde a festa se celebrou de xeito máis simbólico polas restricións derivadas da Covid-19) que poden parecer insignificantes se se lles compara cos máis de tres séculos desde a introdución deste produto mariño nas terras do interior de Galicia, pero que resultaron ser máis que suficientes para alcanzar a cualificación da maior manifestación gastronómica de Galicia.
É pois unha romaría contemporánea, que conserva, con todo, todos os ingredientes das antigas romarías galegas. O seu éxito parte, sen dúbida, do seu entroncamento cunha das manifestacións gastronómicas máis exclusivas e antigas de Galicia, a degustación do “Pulpo á Feira”, sendo a localidade de Santa María de Arcos, lindeiro co Carballiño e a cuxo concello pertence, o seu berce, ou máis ben, o das “pulpeiras” e “pulpeiros”, auténticos artesáns da súa preparación e garantes por tradición familiar e secular de todos os seus segredos de elaboración.