O Carballiño en 2 días
DÍA 1
Mañá
Pola mañá o que recomendamos e dar unha volta pola vila visitando o Templo da Veracruz e dando un paseo pola rúa principal chea de comercios e de vida para chegar á Praza Maior e á Igrexa Parroquial de San Cibrao ou “Igrexa Vella”. Despois desta voltiña, pode ser bo momento para tomar un aperitivo nalgunha das terrazas desta zona.
Posteirormente podemos coñecer a Praza de Abastos para facer algunha compra ou simplemente para ver os produtos que ofrecen os praceiros.
Moi preto da Praza está o Gran Balneario do Carballiño no que poderemos percorrer os seus xardíns e contemplar o edificio, rematando cun paseo a beira do Arenteiro que pode ser duns centos de metros pola zona do Balneario, ata de varios quilómetros polo sendeiro que vai por ambos lados do río Arenteiro.
Comer
Para rematar a mañá, nada mellor que un bo xantar nalgún dos restaurantes que temos no Concello degustando o prato estrela do Carballiño, o pulpo, ou calquera das múltiples opcións que temos.
Tarde
Para a tarde, recomendamos dar un paseo polo Parque Municipal do Carballiño ata a Pena dos Namorados (dentro do complexo do Parque Etnográfico). Ida e volta dende o centro da vila son arredor de 6 quilómetros, por sendeiros espectaculares sempre moi preto do río Arenteiro.
Cea
A nosa recomendación para a cea e saír de tapas pola vila, onde temos moitas e moi variadas opcións. Tamén poderemos degustar os viños, principalmente os do Ribeiro.
DÍA 2
Mañá
O Carballiño é un concello coñecido polas súas augas termais, por eso recomendamos desfrutar dun tempo de descanso e relax nun dos seus centros termais: Gran Balneario do Carballiño ou Caldas de Partovia. O Gran Balneario alberga as principais instalacións do balneario, renovadas e ampliadas, con baños, duchas, inhalacións e hidromasaxe. Instalacións modernas nun edificio histórico. E Caldas de Partovia destaca polas súas augas indicadas para procesos reumáticos e afeccións respiratorias e otorrinolaringolóxicas. Calquera das dúas opcións é ideal para desfrutar dos seus tratamentos.
Comer
Para rematar a mañá, nada mellor que un bo xantar nalgún dos restaurantes que temos no Concello ou desprazarse directamente ao Parque Etnográfico, no que pasaremos a tarde. Nel atópanse dous restaurantes nun enclave único á beira do río Arenteiro.
Tarde
Tras o desfrute da experiencia termal e un bo xantar, recomendamos desprazarse ao Parque Etnográfico do Arenteiro. Tras o xantar, poderás desfrutar de todos os recursos que ofrece este espazo: Pena dos Namorados, Museo Muíño do Anxo, Museo da Fábrica de Papel, Piscifactoría, ou simplemente pasear nesta zona á beira do Río Arenteiro.
Atópase ás aforas do núcleo urbán do Carballiño (a 5 minutos en coche), nun enclave de tranquilidade e rodeados de natureza, sendo un espazo de gran interese turístico. Rutas, sendeiros e pontes de madeira conforman este lugar, ás beiras do río Arenteiro. Outra opción e chegar dando un paseo dende o centro da vila, sendo 6 quilómetros a distancia que separa o parque da vila.
Cea
A nosa recomendación para a cea e saír de novo de tapas pola vila, xa que as opcións son variadas.
Axenda
Consulta a axenda de eventos que seguro que, ademáas das nosas propostas, atopas algúnha actividade para poder complementar a túa estancia.