Como Chegar
A ubicación xeográfica do Carballiño é estratéxica, como paso natural dende as Rías Baixas cara o interior e sur de Galicia, e como paso dende Portugal cara Santiago de Compostela, capital e destino turístico clave e de gran interese do territorio galego.
Atópase a menos de 25 minutos en coche da cidade de Ourense, e a menos dunha hora de Santiago de Compostela.
Avión
Coas novas estradas estamos moi preto de catro aeroportos con conexións importantes.
O máis próximos son os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, a menos de 1 hora o de Coruña a hora e media e o do Porto a 2 horas.
Tren
A estación de tren permite conectar con Santiago de Compostela e coa capital da provincia.
Tamén permite conectar coa alta velocidade dirección Madrid vía a estación de Ourense.
Autobús
A estación de autobús, permite conectar tanto coas Rías Baixas e a capital de provincia ao estar na estrada que une Pontevedra e Ourense.
Coche
O Carballiño está estratéxicamente situada e conectada por autovías e autopistas que permiten achegarte as principais cidades e praias galegas en moi pouco tempo.
En Avión
Coas novas estradas estamos moi preto de catro aeroportos con conexións importantes.
O máis próximos son os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, a menos de 1 hora o de Coruña a hora e media e o do Porto a 2 horas
- Aeroporto de Vigo (50 min)
- Aeroporto de Santiago de Compostela (50 min)
- Aeroporto de A Coruña (90 min)
- Aeroporto de Porto (2 horas)
En Tren
A estación de tren do Carballiño conecta coas cidade de Ourense e de Santiago de Compostela.
Na cidade estación de tren de Ourense está a escasos 20min en coche dende O Carballiño e ten conexión de Alta Velocidade con Madrid (Chamartín) nun percorrido de 3 horas 45 minutos, así como con Santiago de Compostela (30min) ou A Coruña (1 hora).
En Autobús
Pola situación de O Carballiño, na N-541 que une Pontevedra e Ourense, contamos con boa comunicación tanto coa costa como co resto da provincia e co centro da península ibérica.
En Coche
O Carballiño e unha Vila que está prácticamente no centro de Galicia e que permite poder desplazarte as principais cidades galegas e as Rías Baixas en pouco tempo.
Desde Ourense (25km)
- Tomar a A-52 dirección Vigo
- Saída 240; AG-53 dirección Santiago/Carballiño
- Saída 79 e AG-54 dirección Maside/O Carballiño
Desde Pontevedra (75km)
- Tomar a N-541 dirección Ourense ata Carballiño
Desde Santiago de Compostela (80km)
- Tomar a Autoestrada Central Galega/AP-53
- Colle a saída 73 de AG-53 O Carballiño/Cea
- Continúa por OU-504 dirección Ribadavia/O Carballiño
Desde Vigo (80km)
- Tomar a A-52 dirección Ourense
- Colle a saída 252 da A-52
- Continúa por OU-504
Desde Lugo (100km)
- Tomar a N-540 dirección Chantada
- Incorpórate á LU-201 e LU-901 dirección Carballiño