De tapas e gastronomía do Carballiño
A hora de falar da gastronomía do Carballiño, un dos produtos por excelencia é o polbo, preparado sobre todo como “pulpo á feira”. A súa sona é tal que conta cunha festa propia dedicada a este manxar.
Ademais do polbo, este destino presume doutros produtos típicos da gastronomía galega, especialmente os derivados do porco, como a cachucha ou o cocido. Entre as sobremesas destacan as cañas fritas, unha sobremesa moi representativa do Carballiño.
Así mesmo, O Carballiño conta dende establecementos de vangarda, onde degustar propostas máis elaboradas, ata restaurantes típicos onde probar as as delicias da nosa terra. Só na vila atópanse máis de 45 establecementos de restauración, entre restaurantes, parrilladas, pulperías ou cafeterías con servizo de comidas.
Non se pode esquecer a maridaxe, neste caso con viño do Ribeiro, xa que como se comentou anteriormente O Carballiño pertence ao Xeodestino Ribeiro–O Carballiño e da Ruta do Viño do Ribeiro.
Convidámosvos a percorrer as rúas e recantos do Carballiño desfrutando da gastronomía autóctona nos diferentes establecementos de restauración que atoparedes por toda a vila.
Lembrar tamén que os días 16 e último día de mes celébrase a feira da vila, con postos de pulpo nas diferentes rúas.







