Entroido
O Entroido do Carballiño é unha festa con gran tradición na que durante toda unha fin de semana hai actividades tanto para os maiores como para os máis cativos, rematando cun gran desfile o martes de Entroido (festivo local) onde as principais comparsas do Carballiño e da contorna desfilan polas principais rúas da Vila, enchéndoas de festa e colorido.