O Carballiño en 1 día
Se so dispós dun día para visitar este destino, non podes deixar de ver os principais recursos, os denominados “imprescindibles”.
Mañá
Pola mañá o que recomendamos e dar unha volta pola vila visitando o Templo da Veracruz e dando un paseo pola rúa principal chea de comercios e de vida ata chegar á Praza Maior e á Igrexa Parroquial de San Cibrao ou “Igrexa Vella”. Despois desta voltiña, pode ser un bo momento para tomar un aperitivo nalgunha das terrazas desta zona.
Posteirormente podemos coñecer a Praza de Abastos para facer algunha compra ou simplemente para ver os produtos que ofrecen os praceiros.
Moi preto da Praza está o Gran Balneario do Carballiño no que podemos desfrutar das súas augas ou simplemente percorrer os seus xardíns e contemplar o edificio, rematando cun paseo á beira do Arenteiro que pode ser duns centos de metros pola zona do Balneario, ata de varios quilómetros polo sendeiro que vai por ambos lados do río Arenteiro.
Comer
Para rematar a mañá, nada mellor que un bo xantar nalgún dos restaurantes que temos no Concello degustando o prato estrela do Carballiño, o pulpo, ou calquera das múltiples opcións que temos.
Tarde
Para a tarde, recomendamos dar un paseo polo Parque Municipal do Carballiño ata a Pena dos Namorados (dentro do complexo do Parque Etnográfico). Ida e volta dende o centro da vila son arredor de 6 quilómetros por sendeiros espectaculares sempre moi preto do río Arenteiro.
E se o tempo non acompaña ou prefires relaxarte, dámosche a opción do Balneario de Caldas de Partovia, onde poderás gozar na súa piscina dinámica de auga minero medicinal ou dalgún programa específico.
Cea
A nosa recomendación para a cea e saír de tapas pola vila, onde temos moitas e moi variadas opcións. Tamén poderemos degustar os viños, principalmente os do Ribeiro.
Axenda
Consulta a axenda de eventos que seguro que, ademais das nosas propostas, atopas algunha actividade para poder complementar a túa estancia.