Termalismo
Dan boa conta do relevo das augas subterráneas na comarca a media ducia de zonas de importancia termal.
Ás predominantes do Carballiño e Caldas de Partovia únense as de Brués, Moldes e Pontarriza, no concello de Boborás ; as da Rañoa, en Maside , e as de Punxín. Tanto desde o punto de vista medicinal como pola importancia das instalacións, afluencia de público, tradición e ata de interese histórico, merece a pena deterse nos xacementos do municipio carballiñés.