Semana Santa
Devoción, gastronomía, natureza e termalismo
No Carballiño, a Semana Santa séntese. Vívese en cada paso, en cada silencio, en cada nota que acompaña as procesións.
Con orixes no século XIX, esta celebración, profundamente arraigada, destaca pola súa autenticidade e personalidade propia. As súas procesións, de gran forza estética e emocional, xunto coa singular forma de portar os pasos, converten cada acto nunha experiencia única.
O Templo da Vera Cruz, obra de Antonio Palacios e símbolo arquitectónico da vila, é o corazón desta tradición. Ó seu arredor, a música –cos “Cánticos á Virxe e ó Cristo”– e a participación de destacadas bandas envolven cada momento, creando un vínculo directo coa emoción e a memoria colectiva.
O Carballiño é moito máis. É o sabor inconfundible do «polbo á feira», emblema da súa gastronomía. É natureza viva, entre montañas, bosques e o río Arenteiro, que convida a pasear, respirar e conectar. E é tamén benestar, grazas ás súas augas termais e balnearios, onde corpo e mente atopan descanso.
Semana Santa de O Carballiño: vén, séntea e vívea.



