Museo da Fábrica de Papel

  • Parque Etnográfico do Arenteiro

Situado á beira do río Arenteiro, preto de Longoseiros, o antigo complexo da Fábrica de Papel A Lavandeira constitúe un dos elementos máis singulares do patrimonio industrial do Carballiño. Esta instalación, pioneira no século XIX, aproveitaba a forza da auga como motor para o funcionamento da súa maquinaria, converténdose nun exemplo destacado da industrialización da Galicia interior.

Nos últimos anos, este espazo estivo inmerso nun proceso de posta en valor que permitiu a súa transformación nun museo dedicado á historia e á elaboración tradicional do papel. O proxecto incluíu a recuperación do antigo muíño papeleiro e do seu sistema hidráulico, así como a reconstrución da maquinaria orixinal empregada na transformación de farrapos en pasta de papel.

O Museo do Papel permite comprender unha parte fundamental da historia económica e social do territorio e aspira a converterse nun punto clave da visita ó Carballiño, contribuíndo á dinamización turística e á recuperación da memoria industrial da comarca.

Galería

 

Política de Privacidade
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia mentres usas o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén usamos contido e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. Podes proporcionar o teu consentimento selectivamente a continuación para permitir as insercións de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que utilizamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulta a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido de - Google