Caldas de Partovia
Comezou a ser coñecido no ano 1.810 tras incluírse no Dicionario Nomenclator de Villaroel e, posteriormente, por Sebastián de Miñano en 1826. O seu uso pode remontarse á época romana e dende a Idade Media pertenceu aos monxes do mosteiro de Oseira que o obtiveron no 1.162. Tras ser incautado polo Goberno en 1.836 é propiedade privada dende a desamortización. Ten 3 manantiais que brotan a 34º, 31º e 21,1º. A súas augas están declaradas de utilidade pública dende 1929 e son sulfuradas sódicas e de escasa mineralizacion, indicadas para procesos reumáticos e afeccións respiratorias e otorrinolaringolóxicas. Está considerado o máis antigo de Galicia, pero na actualidade a construción é totalmente nova .