O Bañiño de Arcos
O Baniño de Arcos
Situado na parroquia de Arcos, célebre por ser a parroquia de orixe das pulpeiras. Situado á beira do río Arenteiro componse dunha fonte e un estanque. Emanan augas sulfurosas a unha temperatura de 17,10º e son moi apreciadas polas súas virtudes, especialmente para afeccións dermatolóxicas e hepáticas. O segundo manantial está situado no Parque Municipal, tamén é beira do río Arenteiro, cunha fonte rústica e de escaso caudal.