Piscifactoría
Parque Etnográfico do Arenteiro -Parque Municipal do Carballiño
As instalacións da Piscifactoría carballiñesa foron inauguradas oficialmente fai hoxe 60 anos. O 15 de setembro de 1961 dous dos equipamentos que conforman o conxunto de referencias da vila entraban en funcionamento.
Xunto coa Piscifactoría tamén iniciaba a súa andaina a Residencia de Tempo Libre, nas proximidades do recinto centrado na cría de troitas para a repoboación.
Dependeu do Instituto para a Conservación da Natureza (ICONA) ata que foi transferida á Xunta de Galicia.
Dos criadeiros e estanques desta piscifactoría saen gran parte das troitas que repoboan os ríos do catro provincias galegas. Está situada ao termo do paseo da zona residencial e do Parque, nun remanso do río Arenteiro, xa en terreos de Labandeira, nunha estribación do lugar coñecida como illa do Filomeno. O emprazamento foille gañado ao río a base de recheo, comunicando coa outra beira a través dunha ponte.