Camping e Pallozas do Arenteiro
O Cámping Municipal do Arenteiro é de 2ª categoría e ten capacidade para 81 prazas. En terrazas e con terreo inclinado ten prazas con cercos, con sombra, sen sombra e parcelas con algo de sombra. No propio cámping hai snackbar, restaurante (pequena carta) e restaurante (cunha ampla oferta).
Ademais da zona de acampada, a uns metros atópanse ?As Pallozas do Arenteiro?, pequenas construcións estilo bungaló, pero cunha estética totalmente integrada na contorna. En total ofertan 27 prazas.