Camiño de Santiago

O Carballiño está situado estratexicamente como acceso cara Santiago de Compostela dende o sur de Galicia e Portugal, de aí que sexa máis dun camiño o que pase por este territorio. Podemos mencionar a variante da Vía da Prata, o “Camiño Nós”.  En xuño de 1926, os membros da Xeración Nós, Javier Pardo, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Lois Feixó, Monxardín e Antón Sánchez realizaron unha peregrinación dende Ourense a Santiago de Compostela. Como partiron de Ourense, era de esperar que optasen pola Vía da Prata, pero decidiron seguir outro camiño medieval recollido na cartografía de Domingo Fontán, a Verea Vella ou Camiño dos Arrieiros (Caminos de Santiago, 2020).O trazado da viaxe quedou reflexado con detalle no relato “No camiño de San-Yago” de Javier Pardo na revista A Nosa Terra. Este relato, publicado por entregas, describe cada etapa en distintas publicacións entre xullo de 1926 e abril de 1927. No ano 2020, centenario da Xeración Nós, ás portas dun novo Xacobeo e próximo tamén a celebración dos cen anos da viaxe xorde a oportunidade de rememorar este acontecemento.  Por este motivo foi creada a Asociación Camiño Xeración Nós (La Región, 2020) co obxectivo de conseguir a declaración de Camiño Cultural para este ruta como variante do Camiño de Santiago – Vía da Prata. A asociación está formada polos concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra e Boqueixón, contando co apoio da Deputación Provincial de Ourense, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia; e das fundacións Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Castelao e Insua dos Poetas. A segunda etapa deste camiño iníciase precisamente no Carballiño, con destino Silleda.

Outra ruta do camiño que tamén pasa por este territorio é o denominado Camiño da Geira e dos Arrieiros. Esta ruta parte de Braga (Portugal), vai pola Geira Romana (calzada romana que unía Braga e Astorga) até Portela do Homen (fronteira con Galicia), e logo segue a principal Ruta dos Arrieros que transportaban o viño do Ribeiro até Santiago. Tamén debemos facer mención ao Camiño Miñoto, un dos camiños máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Segue transcorrendo na maior parte do seu trazado a través daqueles mesmos carreiros, calzadas romanas e camiños medievais. Este carácter relacional vén desde moi antigo, comunicando castros e poboacións prehistóricas, ademais da inxente abundancia de asentamentos megalíticos e túmulos sepulcrais. Engloba entre outros caracteres, tres elementos diferenciadores que lle confiren un carácter específico propio: “Natureza, Termalismo e Viño”.

Galería

 

Política de Privacidade
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia mentres usas o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén usamos contido e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. Podes proporcionar o teu consentimento selectivamente a continuación para permitir as insercións de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que utilizamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulta a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido de - Google